Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 8

Dicionario da nova literatura galega

Xesús Alonso Montero

Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936...

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

Xesús Alonso Montero

Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta...

Xosé Filgueira Valverde

Xesús Alonso Montero

É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega...

Pedro Petouto

Xesús Alonso Montero

Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante...

Castelao na Unión Soviética en 1938

Xesús Alonso Montero

Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú)...

Aníbal Otero

Xesús Alonso Montero

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo...

Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte...

Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)

Xesús Alonso Montero

Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas...

Autor/a da semana